CERTIFICADO OFICIAL

Certificado Profesional de Nivel 1 acreditado pola Xunta de Galicia.

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Inclúe formación en empresas do sector.

GRATUITO

Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)

POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS

Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.

TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Obxectivos

Preparar os equipos, realizar técnicas de limpeza e acondicionamento do cabelo e coiro cabeludo e aplicación de técnicas de cambios de forma e cor, baixo a supervisión do técnico responsable, en condicións de hixiene e seguridade óptimas.

Información sobre Certificados Profesionais

Información sobre becas e axudas

Contidos

CERTIFICADO PROFESIONAL

Servizos auxiliares de salón de peiteado (IMPQ0108)

MF0058_1: Higiene y asepsia aplicadas a peluquería.

MF0059_1: Montajes para cambios de forma e inicio del peinado.

MF0060_1: Aplicación de cosméticos para los cambios de color del cabello.

MP0069: Módulo de prácticas profesionales no laborales.

Módulos transversais

FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero (10h.)

FCOXXX24: Formación para a igualdade (8h.)

A quén vai dirixido

A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos de participación

Certificado profesional de nivel 1, non require de titulación se acceso.

Modalidade

Presencial

15 prazas

Duración

Duración total de 348 horas.

Datas e lugar de impartición

Edición 1

Datas: Do 06 de marzo ao 22 de xullo de 2025

Horario: De 15:30h a 20:30h

Lugar: Pontevedra (Rúa Virxen do Camiño,24).

Financiación

¡Non te quedes sen praza!

Ponte en contacto co noso equipo para máis información, sen ningún compromiso. Resolveremos todas as túas dúbidas