CERTIFICADO OFICIAL

Grao C de FP-Certificado Profesional de Nivel  1 acreditado pola Xunta de Galicia.

FORMACIÓN EN EMPRESAS

Inclúe formación en empresas do sector.

GRATUITO

Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)

POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS

Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.

TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Contidos

Servizos Auxiliares de Estética

MF0343: Hixiene e seguridade aplicadas en centros de beleza

MF0344: Coidados estéticos básicos de uñas

MF0345: Depilación mecánica e descoloración da peluxe

MF0346: Maquillaxe de día

Módulos transversais

FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero

FCOXXX24: Formación para a igualdade

FCOXXX26: Prevención de riscos laborais

A quén vai dirixido

A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos de participación

Sen requisitos

Modalidade

Presencial

15 prazas

Duración

Duración total de 438 horas.

Datas e lugar de impartición

Edición 1

Datas: A partir de Xaneiro de 2026

Horario: De 16:00 a 21:00h

Lugar: Pontevedra (c/ Virgen del Camino, 24).

Financiación

¡Non te quedes sen praza!

Ponte en contacto co noso equipo para máis información, sen ningún compromiso. Resolveremos todas as túas dúbidas