CERTIFICADO OFICIAL
Certificado Profesional de Nivel 2 acreditado pola Xunta de Galicia.
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
Inclúe un Módulo de prácticas cotizadas en empresas do sector.
GRATUITO
Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)
POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS
Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.
TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Obxectivos
Mellorar a imaxe persoal dos clientes, aplicando protocolos de traballos técnicos de salón de peiteado para o coidado e o embelecemento do cabelo e técnicas complementarias de arranxo e rasurado da barba e bigote, en condicións de calidade, seguridade e hixiene óptimas.
Contidos
CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD SSCS0208
- MF0347_2: Análise do coiro cabeludo e cabelo, protocolos de traballos técnicos e coidados capilares estéticos
MF0058_1: (Transversal) Hixiene e asepsia aplicadas a salón de peiteado
MF0348_2: (Transversal) Color en salón de peiteado
MF0349_2: Peiteados, acabados e recollidos
MF0350_2: Cambios de forma permanente do cabelo
MF0351_2: (Transversal) Corte de cabelo e técnicas complementarias
MF0352_2: (Transversal) Asesoramento e venta de produtos e servizos para a Imaxe persoal
MP0115: Módulo de prácticas profesionais no laborais de salón de peiteado
Módulos transversais
FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero
FCOXXX24: Formación para a igualdade (8h.)
A quén vai dirixido
A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.
Requisitos de participación
Débense cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.
- Certificado profesional de nivel 2.
- Certificado profesional de nivel 1 da mesma familia.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años e/ou de 45 años.
- Ter superado as competencias clave.
Modalidade
Presencial
15 prazas
Duración
Duración total de 728 horas.
Datas e lugar de impartición
Edición 1
Datas: Do 25 de Novembro ao 4 de Xullo
Horario: De 9 a 14h
Lugar: Pontevedra (c/ Virgen del Camino, 24).