CERTIFICADO OFICIAL

Certificado Profesional de Nivel 1 acreditado pola Xunta de Galicia.

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Inclúe un Módulo de prácticas cotizadas en empresas do sector.

GRATUITO

Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)

POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS

Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.

TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Obxectivos

Distribuir, reproducir e trasmitir a información e documentación requeridas nas tareas administrativas e de xestión, internas e externas, así como realizar trámites elementais de verificación de datos e documentos a requerimiento de técnicos de nivel superior con eficacia, de acordo con instruccións ou procedementos establecidos.

Información sobre Certificados Profesionais

Información sobre becas e axudas

Contidos

CERTIFICADO DE PROFESIONALIDAD SSCS0208

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais

  • MF0969_1: Técnicas administrativas básicas de oficina. (150 horas)
  • MF0970_1: Operacións básicas de comunicación. (120 horas)
  • MF0971_1: (Transversal) Reproducción e arquivo. (120 horas)
  • MP0112: Módulo de prácticas profesionais non laborais de operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. (40 horas)

Módulos transversais

FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero

FCOXXX24: Formación para a igualdade (8h.)

A quén vai dirixido

A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos de participación

Sen requisitos

Modalidade

Presencial

15 prazas

Duración

Duración total de 448 horas.

Datas e lugar de impartición

Edición 1

Datas: Do 20 de xaneiro ao 30 de maio

Horario: De 15:30 a 20:30h

Lugar: Pontevedra (c/ Rosalía de Castro, 29).

Financiación

¡Non te quedes sen praza!

Ponte en contacto co noso equipo para máis información, sen ningún compromiso. Resolveremos todas as túas dúbidas