CERTIFICADO OFICIAL

Grao C de FP-Certificado Profesional de Nivel 2 acreditado pola Xunta de Galicia.

FORMACIÓN EN EMPRESAS

Inclúe formación en empresas do sector con alto índice de inserción laboral.

GRATUITO

Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)

POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS

Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.

TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Obxectivos

Organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre educativo dirixidas á infancia e a mocidade, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo explicitamente na educación en valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

Información sobre Certificados Profesionais

Información sobre becas e axudas

Contidos

GRAO C-CERTIFICADO PROFESIONAL SSCB0209

DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL

  • MF1866_2: Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil.
  • MF1867_2: Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil.
  • MF1868_2: Técnicas e recursos de animación en actividades de tempo libre.

Módulos transversais

FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero

FCOXXX24: Formación para a igualdade

FCOXXX26: Prevención de riscos laborais

A quén vai dirixido

A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos de participación

Débense cumprir algún dos seguintes requisitos:

    • Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.
    • Certificado profesional de nivel 2.
    • Certificado profesional de nivel 1 da mesma familia.
    • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
    • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años e/ou de 45 años.

Modalidade

Presencial

15 prazas

Duración

Duración total de 388 horas.

Datas e lugar de impartición

Edición 1

Datas: Xaneiro de 2026

Horario: De 9 a 14h

Lugar: Pontevedra

Financiación

¡Non te quedes sen praza!

Ponte en contacto co noso equipo para máis información, sen ningún compromiso. Resolveremos todas as túas dúbidas