CERTIFICADO OFICIAL
Grao C de FP-Certificado Profesional de Nivel 2 acreditado pola Xunta de Galicia.
FORMACIÓN EN EMPRESAS
Inclúe formación en empresas do sector con alto índice de inserción laboral.
GRATUITO
Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)
POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS
Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.
TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.
Obxectivos
Atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolve a súa actuación, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as suas relacións co entorno.
Contidos
GRAO C-CERTIFICADO PROFESIONAL SSCS0208
Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
- MF1016_2: Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional.
- MF1017_2: : Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións.
- MF1018_2: Intervención na atención sociosanitaria en institucións.
- MF1019_2: Apoyo psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións.
Módulos transversais
FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero
FCOXXX24: Formación para a igualdade
FCOXXX26: Prevención de riscos laborais
A quén vai dirixido
A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.
Requisitos de participación
Débense cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria.
- Certificado profesional de nivel 2.
- Certificado profesional de nivel 1 da mesma familia.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 años e/ou de 45 años.
- Ter superado as competencias clave.
Modalidade
Presencial
15 prazas
Duración
Duración total de 528 horas.
Datas e lugar de impartición
Edición 1
Datas: Xaneiro de 2026
Horario: De 9 a 14h
Lugar: Pontevedra (c/ Virgen del Camino, 24).
Edición 2
Datas: Xaneiro de 2026
Horario: De 15:30 a 20:30h
Lugar: Pontevedra (c/ Virgen del Camino, 24).

