CERTIFICADO OFICIAL

Grao C de FP-Certificado Profesional de Nivel 3 acreditado pola Xunta de Galicia.

FORMACIÓN EN EMPRESAS

Inclúe formación en empresas do sector con alto índice de inserción laboral.

GRATUITO

Trátase dunha formación totalmente subvencionada e financiada con cargo aos fondos recibidos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e a Xunta de Galicia (gratuita para as persoas participantes)

POSIBILIDADE DE AXUDAS ECONÓMICAS

Ofrécense axudas económicas para as persoas que cumpran os requisitos de acceso.

TR301V- Becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego.

Obxectivos

Acompañar ao alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE) tanto nos desprazamentos, como na realización das actividades relacionadas cos programas de autonomía persoal e hixiene e de ensino-aprendizaxe, durante o período escolar, utilizando metodoloxía, técnicas e recursos, baixo a supervisión do equipo interdisciplinar do centro educativo, para satisfacer as necesidades básicas de aseo, alimentación e descanso do ACNEE, procurando a súa autonomía e garantindo a seguridade do mesmo, cumprindo coa normativa aplicable nos centros educativos.

Información sobre Certificados Profesionais

Información sobre becas e axudas

Contidos

GRAO C-CERTIFICADO PROFESIONAL SSCE0112

ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (ACNEE) EN CENTROS EDUCATIVOS.

  • MF1426_3: Aplicación técnica de mobilidade, orientación e deambulación nos desprazamentos internos polo centro educativo do alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE)
  • MF1427_3: Participación nos programas de ensino-aprendizaxe na aula de referencia do alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE)
  • MF1428_3: Autonomía e hixiene persoal no aseo do alumnado con necesidades educativas especiais
  • MF1429_3: Atención e vixilancia na actividade do recreo do alumnado con necesidades educativas especiais
  • MF1430_3: Hábitos e autonomía na alimentación do alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE), no comedor escolar

Módulos transversais

FCOO03: Inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero

FCOXXX24: Formación para a igualdade

FCOXXX26: Prevención de riscos laborais

A quén vai dirixido

A formación está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas. Para tal efecto, a consideración de persoa traballadora desempregada virá determinada pola súa inscrición como demandante do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Poderán participar nas referidas accións formativas as persoas traballadoras ocupadas, ata un límite do 30% do numero de persoas participantes programadas, sempre e cando as prazas non se cubran con persoas traballadoras desempregadas.

Requisitos de participación

Débense cumprir algún dos seguintes requisitos:

  • Nivel 3: requírese o título de Técnico ou Técnico Superior, de Bacharelato ou equivalente a efectos de acceso, un certificado profesional nivel 3, un certificado de competencia incluído na oferta para realizar, ou un certificado profesional de nivel 2 da mesma familia profesional.

Modalidade

Presencial

15 prazas

Duración

Duración total de 608 horas.

Datas e lugar de impartición

Edición 1

Datas: Xaneiro de 2026

Horario: De 9 a 14h

Lugar: Pontevedra (c/ Virgen del Camino, 24).

Financiación

¡Non te quedes sen praza!

Ponte en contacto co noso equipo para máis información, sen ningún compromiso. Resolveremos todas as túas dúbidas