Llámanos al 886 21 21 31

Adjudicación del programa «Depo en Marcha»

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as solicitudes dos obradoiros do programa Depo En Marcha para o ano 2016, unha iniciativa elaborada polo servizo de Cohesión Social e Xuventude.

Tras adxudicar a contratación da execución do programa na Xunta de Goberno do pasado 23 de xuño á empresa «Magnafor Qualitas, S.L.», que ofertou un prezo por obradoiro de 745,36 euros, pódeselle dar cobertura a un total de 160 cursos, o que supón un incremento de 60 obradoiros fronte aos ofertados inicialmente.

O custo máximo para a institución provincial desta iniciativa, IVE incluído, é de 120.000 euros. As entidades beneficiarias de maiores, pensionistas e xubilados da provincia de Pontevedra.

magnafor-programa-depo-en-marcha

DEPOTERMAL

Por outra banda 51 concellos da provincia se adheriron ó programa Depotermal 2016 que oferta 4.434 para o fomento do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas da provincia.

A gran novidade do programa é a reserva de 434 prazas das 4.343 ofertadas para persoas en risco de exclusión ou con dificultades económicas, apostando así por un inequívoco compromiso social.

DEPO RUARTE

A Xunta de Goberno provincial tamen aprobou a adxudicación do contrato para a xestión, desenvolvemento e execución do programa Depo RuARTE, así como para a organización e desenvolvemento do I Certame Xuvenil Depo RuARTE.

Ambas actuacións levaranse a cabo por un importe máximo de 98.570 euros, dos que 20.570 se destinarán ao certame e 78.000 euros para a execución das actividades do programa.

Depo RuARTE é un programa de dinamización xuvenil, posto en marcha este ano pola Deputación de Pontevedra para achegar actividades de lecer que atendan as demandas actuais dos mozos da provincia, ofrecéndolles ademais así espazos de encontro e intercambio de experiencias para a xuventude.

Un total de 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes acolléronse a esta iniciativa

EN RUTA COA DEPO 2016

Tamén se aprobaron as bases reguladoras da primeira edición do programa «En ruta coa Depo 2016» e a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión, desenvolvemento e execución do mesmo. O programa, cun orzamento de 238.500 euros ofertará 18.346 prazas a entidades sociais da provincia para que poidan pasar un día de convivencia realizando unha ruta, incluíndo xantar e transporte, pola provincia de Pontevedra acompañadas dun guía habilitado especializado en Galicia.